sábado, 16 de diciembre de 2017

Comentario de precipitación anuais

           COMENTARIO DE PRECIPITACIÓNS ANUAIS


Achámonos ante un mapa de España que representa, a través de diferentes cores, as precipitacións medias anuais. Podemos diferenciar tres grandes ámbitos. A España húmida, que comprendería as cores violeta, verde e vermella; a España seca, que sería a cor azul, e a España subdesértica, representada coa cor amarela.
Poderíase trazar unha diagonal, que vai desde o Noroeste cara ao Sueste, no que se ve un constante descenso da precipitación, desde a España chuviosa ata a España árida.
A España chuviosa localízase na alta montaña, a franxa cantábrica e a fachada atlántica. A medida que non penetramos cara ao interior da Península e cara ao Leste, o índice de evapotraspiración é maior.
A España seca e semiárida abarca as rexións máis continentalizadas, como son as dúas castillas, a penillanura extremeña, as depresións do Ebro e do Guadalquivir, a franxa costeira mediterránea e parte das illas Canarias.
A España árida comprende o centro da depresión do Ebro, as zonas máis céntricas de Catilla e León, o sueste peninsular e a maior parte do arco insular canario.
As principais razóns da distribución pluviométrica que estamos a analizar son consecuencia dunha serie de variables xeográficas. Os factores poderiamos resumilos basicamente en catro:
- Altitude: Os sistemas montañosos máis elevados posúen unha abundante pluviometría na súa liña de cumes.
- Latitude: A zona setentrional está máis afectada pola influencia das frontes polares que a meridional. Pola contra, a medida que descendemos en latitude, maior é a influencia do anticiclón tropical, co consecuente aumento das temperaturas e descenso das precipitacións.
Un dos exemplos máis rigorosos son as illas canarias. Debido a súa localización, próxima ao trópico de cancro, áchanse baixo a influencia case todo o ano da estabilidade atmosférica xerada polo anticiclón tropical de Azores.
- Orientación respecto dos centros de acción máis significativos. As rexións occidentais están máis expostas a influéncia do fronte polar, que xeralmente penetra polo Oeste e vai perdendo eficacia, a medida que se despraza cara ao Leste peninsular.
- Orientación do relevo: As fachadas de barlovento son considerablemente máis húmidas que as de sotavento. Exemplo diso é a pluviosidad que se rexistra en espazos xeográficos tan meridionais, como Serra Nevada, situados nas fachadas de barlovento. En sentido contrario, temos exemplos de aridez asociada a espazos xeográficos situados nas fachadas de sotavento dos grandes sistemas montañosos. Tal é o caso do deserto dos Monegros en Aragón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario