CLIMOGRAMA DE CLIMA ATLÁNTICO (Donostia, San Sebastián)
Encontrámonos ante un climograma,
pertencente a España, concretando do País Vasco, o que nos axuda a
saber que é un clima atlántico ou oceánico. Un climograma é unha
representación gráfica onde se comentan as precipitación e
temperaturas anuais dun lugar determinado. A curva de cor vermello
representa o réxime térmico, é decir, as temperaturas, o diagrama
de barras azuis representa o réxime pluviométrico, é decir, as
precipitacións.
Este é un clima temperado por
excelencia, caracterízase por unhas temperaturas moderadas e unhas
precipitacións abundantes, que se reparten regularmente ao longo do
ano, con mínimos no veran e unha notable subida de precipitacións
no inverno. A zona caracterízase por uha alta nebulosidade, unha
baixa insolación e un elevado grao de unidade ambiental,
consecuencia das borrascas atlánticas asociadas a fronte polar e á
proximidade ao atlántico.
Este é un clima oceánico marítimo e
dase nas áreas máis próximas á costa. As temperaturas son suaves
todo o ano. Os veráns son frescos e curtos. Os invernos son suaves e
temperados, non adoitan rexistrarse temperaturas baixo 0.
- O réxime térmicoObsérvase unha temperatura media anual baixa (14ºC), sobre todo se a comparamos con outros climas da península ibérica, xa que o mes máis cálido non supera os 21ºC. As temperaturas máis cálidas están nos meses de verán, cunhas máximas de 21ºC e unhas mínimas de 18ºC. Como ben se pode observar, as temperaturas van subindo progresivamente ata finais de verán. Sin embargo, as temperaturas máis baixas prodúcense entre decembro e febreiro, cunhas temperaturas de entre 8ºC e 10ºC. Ten unha oscilación térmica de 12,4ºC o que nos di que é un clima templado frío, é dicir, é un clima atlántico.
- O réxime pluviométricoEstamos ante un clima moi chuvioso, xa que ten precipitación anual de 1740 litros. As precipitacións son abundantes durante todo ano,e non hai meses secos. No verán prodúcese unha baixada de precipitacións, ainda que non son inexistentes, o que fai que non se produza unha sequía. Os meses con maiores precipitacións son, dende outubro ata abril, é decir, dende mediados de outono ata mediados de primaveira, xa que o último mes de primaveira, maio, e o primeiro de outono, setembro, as precipitacións son máis baixas.
Centros
de acción:
-En verán, a presenza do anticiclón
tropical das Azores provoca un aumento das temperaturas e un descenso
das precipitacións. Non obstante, ó situarse esta zona na zona máis
septentrional da península Ibérica, pode estar afectado pola
presenza esporádica de frentes polares. As precipitacións tamén se
poden producir debido as brisas mariñas do Cantábrico e a típica
condensación deste aire húmido nunha zona onde os sistemas
montañosos están relativamente cerca da costa. Tamén se poden
producir precipitacións debido a tormentas de verán, sobre todo en
días especialmente tórridos. Estas tres causas xeran ó largo da
etapa estival, suficiente precipitación para que nestas zonas non
haxa sequía estival.
-En outono o anticiclón das Azores
descende paulatinamente en latitud, provocando a entrada masiva de
familias de frentes polares, que afectan a este clima todo o ano,
pero especialmente nos equinoccios e no inverno.
-Inverno é a estación máis fría do
ano. Incluso pode estar afectada temporalmente por anticiclóns
polares, cuxo efecto sempre será máis atenuado que nas zonas
continentais, debido á influencia oceánica. Por conseguinte, as
xeadas serán esporádicas e pouco intensas.
-En primaveira, comenza a ascender
paulatinamente o anticiclón das Azores, xerando un lento aumento das
temperaturas. Non obstante, durante esta época do ano os frentes
polares seguen penetrando de forma masiva na zona, que non está
exenta todavía de algunha xeada esporádica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario